Dezanove triple

Nos dardos, dise da fobia ao 1.
Con acritú @dezanovetriple

Street

Tram. Praha

O mariachi

Teño 36 anos, vivo en Ferrol e na miña vida collín o tren para ir a A Coruña.

A Renfe e o Ministerio de Fomento van perpetrar nos próximos días unha reducción no número de frecuencias desta liña (e noutras moitas). A xustificación da reducción é impecábel (e tramposa): se non van pasaxeiros a liña non é rendíbel, e se non é rendíbel non hai máis remedio que reducir o número de frecuencias.

Se algunha vez tentaches coller ou colliches dito tren, saberás o por qué do reducido número de pasaxeiros. Basta con botar unha ollada a páxina web de Renfe e ver as frecuencias horarias de dita liña e comparar coas alternativas existentes. Baixa rendibilidade? O extraño sería que fora rendíbel.

#salvemosgalicia

Trala publicación polo xornal El País das fotos do presidente da Xunta o Sr. Feijóo compartindo xornadas vacacionais co narcotraficante o Sr. Dorado, o que máis me sorprendeu foi a gran cantidade de pezas xornalísticas relacionados co asunto loubando as virtudes do Sr. Feijóo como xestor. Así, a capacidade técnica, a xestión austera, ou a humildade, afírmanse como verdades incuestionábeis que non paga a pena rebatir. Que importa unha pequena mancha nun currículo tan brillante!

Dende a precampaña electoral de 2009, o Sr. Feijóo, coa axuda dos medios de comunicación, trata de proxectar cara a opinión pública a súa imaxe de gran xestor. El, o gran Feijóo, acabaría cos gastos suntuosos e o despilfarro do bipartito; a era dos Audis (18 de 20 mercados por Fraga) e cadeiras do bipartito tiña os seus días contados. O tecnócrata do Insalud e de Correos, a nova esperanza popular, xa estaba aquí para salvarnos! O pulo dos sectores productivos estratéxicos marcaría o camiño do crecemento e o paro sería un pesadelo do pasado.

Non fai falla ser un sesudo analista económico para constatar que o marketing político e xornalístico non teñen que ver coa realidade. Unha simple ollada ao noso redor permítenos ver cal é a situación na que vivimos agora e cal era a de fai 4 anos.

O gasto público.

Como non podía ser doutro xeito, un xestor austero que se preze debe comezar a súa labor redentora recortando onde os outros estaban a despilfarrar. 

Se comparamos os orzamentos do ano 2009 cos do 2013 vemos que o gasto público total da Xunta de Galicia é en 2013 un 20% inferior a 2009. (Os datos pódense atopar aquí (2009) e aquí (2013)).

Practicamente tódalas partidas de gasto viron reducida a súa cuantía agás xustiza, sociedade da información e débeda pública.

Paga a pena salientar os recortes en cultura (56%), educación (14%), sanidade (10%), actuacións ambientais (56%), normalización lingüística (65%) ou promoción do emprego (52%).

Resulta contraditorio comprobar que os recortes no gasto público estiveron acompañados dun incremento do gasto en débeda pública. Así, no orzamento de 2013 ditos gastos representan un 12,1% dos gastos totais fronte ao 3,4% que representaban en 2009.

A débeda pública.

A incapacidade para obter financiamento por outra vía distinta da débeda fai que no 2013 os ingresos vía endebedamento representen un 15,4% dos ingresos totais fronte ao 7,4% de 2009 ou o 4,2% de 2008. (os datos pódense consultar aquí)

En 4 anos de goberno do Sr. Feijóo, a débeda incrementouse en  termos absolutos en 3.946 millóns de euros, situándose a finais de 2012 en 8.228 millóns de euros. É dicir, dende a súa chegada á Xunta logrou incrementar a débeda pública un 92%, ou o que é o mesmo, endebedouse(nos) case tanto como todos os seus predecesores!


image

Non serei eu o que critique o aumento do endebedamento. Se este é empregado para o financiamento de políticas económicas expansivas ou o sostemento das políticas sociais, benvido sexa. Sen embargo, resulta sorprendente que para a lexión de formiguiñas defensoras da austeridade, o aumento do endebedamento non xere ningún tipo de rubor.

En definitiva, se continuasemos a mirar outros indicadores da situación da economía galega, como o número de parados, a caída do produto interior bruto, ou analizasemos a xestión en sectores estratéxicos, como o eólico ou o naval, non atopariamos os datos necesarios para xustificar os panexíricos e o autobombo aos que estamos tan acostumados.

Primaveira.

Einfahrt freihalten

Frozen Lake.

Praia Lumebo. Ferrol

Doniños. Ferrol

Horses

Curuxeiras. Ferrol

Mexacán.

Praia de San Xurxo. Ferrol